Fomos coñecer un muíño de auga, visita enmarcada dentro do proxecto das Enerxías renovables neste trimestre A Auga. Ademais de disfrutar do noso entorno mais próximo, coñecemos o funcionamento deste invento tan antigo aproveitando a forza da auga.
Moitas grazas as nais pola súa axuda e un especial agradecemento o Señor Paco, propietario do muíño da familia Cadaval de Forcadela por compartir con nós a súa sabiduría e contarnos moitas anécdotas dos nosos antergos. Experiencias moi interesantes que enrriquecen os nosos nenos e nenas.
1 comentario:
Que sorte teñen os nosos nenos, disfrutar destes fermosos entornos e coñecer as nosas tradicións, marabilloso!
Publicar un comentario