domingo, 16 de junio de 2013



                Proxecto: "RAS". A partires do centro do interés da Auga, xurdiu na clase a motivación por saber  mais sobre estos animaliños que viven na auga. Despois de dialogar, formular hipótesis, buscar información en libros, internet ..., observar nas nosas mans as ras e os tritons, recollemos toda a información por escrito.
Gustounos moito e aprendemos moitas cousas interesantes.

jueves, 6 de junio de 2013

SENTIMOS






Proxecto:"Sentimos". Tomando como recurso o Arte (lámina de Soroia na cal están implicitos os tres elementos Sol, Vento e Auga), traballamos partindo do diálogo, cuios obxetivos son esperar a quenda da palabra, escoitar, respetar opinions distintas ... etc.
          A partir destas reflexions planteei unha serie de actividades que potencian as habilidades perceptivas (observar, escoitar, saborear, tocar, ulir, percibir e conectar sensacións). 

          Todas estas habilidades estimulan os sentidos e as emocions e axudan a favorecer nos nenos/as a observación e un desenrolo expresivo da linguaxe dos sentidos, axudan a aceptar outros puntos de vista e desenrolan a creatividade. Unha pequena mostra do que traballamos.

domingo, 19 de mayo de 2013

Cadro de primaveira

              Fixemos un cadro con material de refugallo. Os obxetivos desta actividade son: compartir os materiais, desenrolar a psicomotricidade fina, valorar a importancia de reciclar, respetar a producción dos compañeiros/as e desenrolar a creatividade.

miércoles, 8 de mayo de 2013

lunes, 29 de abril de 2013

VIVA A PRIMAVEIRA!




A partires do diálogo e reflexión na clase sobre a importancia do Sol, saímos o entorno para disfrutar dos campos floridos e así facer colares con flores. O obxetivo desta actividade é disfrutar da natureza, valorar unha tradición, desenrolar a psicomotricidade fina e compartir unha experiencia diferente o aire libre. Pasámolo moi ben.

lunes, 15 de abril de 2013

Onde nace a auga ?

              Saimos o monte de Estás para descubrir onde nace a auga e tamen para prantar árbores.
                                     

Que interesante... parece maxia!